O presidente da Deputación analizou co alcalde de Rianxo os avances na residencia de maiores

05 Agosto 2025

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, mantiveron un encontro no Pazo Provincial para analizar diversas iniciativas de interese para o municipio rianxeiro. Entre elas, trataron a situación da residencia para persoas maiores que a institución provincial impulsa en Rianxo, dentro do programa que inclúe a construción de tres centros de ámbito comarcal na provincia coruñesa (os outros dous, nas Pontes e en Ordes).

Formoso explicou ao rexedor que xa se está ultimando o modelo dunha iniciativa que, tal como recordou, ten como principal obxectivo ofrecer “un novo sistema centrado en proporcionar calidade de vida ás persoas usuarias, cun enfoque innovador tomado dos modelos máis avanzados neste eido”. A nova rede, dixo, servirá para prestar unha atención “máis humana, nun entorno máis amábel”, e destacou o emprego de novas tecnoloxías en domótica, medicina ou rehabilitación para contribuír a ese fin.

O rexedor trasladou ao presidente provincial o interese do Concello en rehabilitar o Pazo de Rianxiño, adquirido no seu día pola Administración local coa intención de pór en marcha nel un centro de día. Neste momento, tal como detallou o alcalde, “xa existe un proxecto e cóntase con diversos permisos sectoriais”. A reunión serviu, nese senso, para abrir posíbeis vías de colaboración entre ambas institucións a hora de desenvolver un proxecto de tal envergadura.

Valentín González Formoso comprometeuse a que a Deputación analizará os mecanismos de apoio ao proxecto. “Somos conscientes da existencia dunha gran demanda de prazas para centros de día e sempre acollemos con sumo interese este tipo de iniciativas”, asegurou.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.