O Parque de San Roque, en Ribeira, estrea iluminación en todo o parque para poder visitalo pola noite

26 Agosto 2025

​O Parque Periurbano de San Roque de Ribeira estreou nova iluminación. Deuna a coñecer este martes 26 o alcalde, Luís Pérez, que indicou que as novas luminarias permitirán aos veciños e veciñas desfrutar do espazo tamén durante a noite, ao tempo que supoñen un reforzo destacado da seguridade.

O obxectivo principal deste proxecto foi, sinalou, “deseñar e implantar un sistema de iluminación que cumprira cos estándares de eficiencia enerxética e ofrecera unha iluminación adecuada para as actividades que se desenvolven no Parque Periurbano de San Roque”. Ao mesmo tempo buscábase mellorar a calidade da contorna, optimizando o consumo de enerxía e garantindo un ambiente conforábel e seguro para todas as persoas que acoden decote a esta zona verde da cidade.

Luís Pérez informou da finalización dos traballos de instalación dos farois e postes de iluminación do Parque Periurbano de San Roque, unha actuación que se realizou nos últimos meses e que supuxo un investimento de máis de 140.000 euros “para dotar de iluminación pública a este Parque Periurbano que é o pulmón verde da nosa cidade”. Barral comunicou que esta actuación foi amplamente demandada pola veciñanza, “así nolo fixo saber moita xente cando fixemos os procesos de participación veciñal a través da web ou das reunións parroquiais”.

Segundo destacou o alcalde, esta actuación permitirá á veciñanza facer deporte ou levar ás mascotas unha vez cae o sol e así gozar do parque durante o inverno e incluso supón un reforzo da seguridade”, salientou.​

Pérez Barral tamén fixo referencia a que non son as únicas actuacións que melloran a contorna xa que no Centro de Interpretación estanse facendo melloras de impermeabilización e dos contidos interiores. Outra das cuestións importantes que se fan é labores de mantemento e rozas grazas ao Obradoiro de Emprego “que fai un traballo magnífico para manter o parque en perfectas condicións”.

Pérez Barral explicou que esta actuación de dotar de iluminación ao parque “non é unha cuestión illada senón que é unha aposta forte do Goberno local pola mellora de eficiencia enerxética e pola enerxía renovábel”.

O rexedor lembrou que no ano 2024 fíxose un investimento superior aos 260.000 euros en instalacións de paneis solares para o Auditorio Municipal, o Complexo Deportivo da Fieteira e a sede da UCA.

Deste xeito, para seguir avanzando neste camiño, informou que en setembro van dar comezo novas actuacións por un importe de máis de 45.000 euros para dotar de novos paneis solares para o Oficina de Información e Turismo, Policía Local, Centro de Raqueta e o Conservatorio Municipal. “Este investimento suporá que Ribeira contribúe a reducir a emisión de gases contaminantes e tamén conseguirá aforros económicos na súa factura eléctrica que poderá destinar a melloras de mantemento ou de dotación de servizos básicos á poboación”.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.