O III Torneo Solidario Interparroquial de Boiro recada 10.329 euros para a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia

19 Agosto 2025

O III Torneo Solidario Interparroquial celebrado o pasado 28 de xuño en Vista Alegre, Boiro, recadou 10.329 euros para ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, participou xunto coa directora de Relacións Institucionais de JEALSA e integrante de ASANOG, Margarita Hermo, acompañados de Lara Buig e Chuco Otero (representantes de ASANOG), na entrega do cheque simbólico que recolleu Vanessa Vidueiros por parte da asociación.

Margarita Hermo agradeceu, en nome da organización, “a colaboración das empresas e comercios que doaron agasallos para os sorteos e tamén de toda a xente de Boiro que se achegou ao partido e gracias á que se puido recadar esta cifra para ASANOG”.

“Esta doazón é unha mostra de compromiso e solidariedade con ASANOG, unha entidade composta por un equipo de profesionais que presta apoio ás familias de nenas e nenos con cancro nas distintas etapas”, recoñeceu Vanessa Vidueiros.

ASANOG leva 13 anos prestando apoio económico, psicolóxico e de acompañamento ás familias.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a toda a organización “por esta iniciativa solidaria que logrou recadar unha cifra importante destinada a contribuír ao gran traballo que diariamente fai ASANOG”.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.