“O galego esmorece e os galegofalantes imos a menos”. Antón Luaces

01 Agosto 2025

Un benquerido amigo, entregado de cheo a Galicia e as súas circunstancias, fixo que os datos que se barallan sobre a permanente perda de falantes de determinadas línguas sempre empregadas minoritariamente en distintas nacionalidades europeas (nomeadamente nas illas británicas) conducen a pensar no futuro (escaso?) que lle queda á nosa, a galega. Prácticamente perdidas no vento da historia atlántica, esas línguas semellan perdidas absolutamente para os países nos que se empregaban coma vehículo de comunicación. E moito me temo que este vai ser o futuro do galego como sistema empregado para nos comunicar en Galicia. Tan convencido estou deste feito a día de hoxe, que malia pensar que aínda hai posibilidade de que a nosa língua non esmoreza e se perda na ondaxe lingüística euroatlántica, teño máis certeza na perda que na recuperación do moito xa definitivamente perdido.
Vivín algúns anos a Galicia que non falaba o castelán malia estudalo (ata os anos 50 do século pasado). Hoxe, que o galego é materia obrigada desde a máis tenra idade, pode ser que se coñeza máis ca o castelán daquela época, pero o seu uso polos galegos é equiparable hoxe en día coido que non supera ao que se lle daba ao castelán daquela. Galegos: estamos a perder a principal característica da nosa identidade coma fillos desta terra. E calamos. Non nos preocupa. En Eukadi souberon recuperar o uso do eúscaro (perdido en grande medida durante o franquismo). En Cataluña non se perdeu unha miga da súa língua, tan perseguida en tempos da ditadura como o foi en Valencia e Baleares. Mais o galego non seguíu esa práctica e foi a menos a pasos axigantados, tal e como agra se evidencia.
Por que o estamos a perder?. Que fixemos e estamos a facer para que a nosa fermosa língua quede reducida en canto ao seu uso a determinados círculos culturais e políticos cando hoxe en día son máis os medios de comunicación que o empregan, cando oficialmente o seu uso está máis amplamente utilizado?. Que estamos a facer mal ou que fuxeron ben en Euskadi, Cataluña, Baleares e Valencia?.
Teremos que petar máis insistentemente e forte nas portas da Xunta e na conciencia do noso pobo para non perdermos a condición de sermos galegos tamén na fala a máis do berce?. Estamos a perder séculos de vida galega en troques dun reguetón tan sumamete espallado na Galicia que os nosos devanceiros deseñaron con tanto amor como compromiso?.
Moito me doe recoñecelo.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.