O festival Etal Equal chega á súa cuarta edición os día 6 e 7 de setembro

27 Agosto 2025

Este mércores 27 de agosto presentouse a cuarta edición do festival Etal Equal, organizado pola asociación Ribeira Crea. Os detalles foron compartidos pola a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a presidenta de Ribeira Crea, Alba Pego, xunto a Martiño Sampedro compoñente da mesma asociación.

Segundo informaron, desta volta retomarase o formato presentado o ano pasado onde haberá mercadiño con creadores locais, obradoiros, a presenza da asociación Sachos na Rúa, degustacións gastronómicas dos bares colaboradores –Cocoluche e Recoveira– máis una gran variedade de grupos e estilos musicais que soarán na praza de Teruel os vindeiros días 6 e 7 de setembro.

A concelleira de Cultura enmarcou esta actividade como unha das que pecha Lecer na Ribeira, e sinalou que “é un festival que xa é coñecido en Ribeira e que cada vez vai collendo máis forza”. Etal Equal, dixo, é un certame alternativo que dá apoio a pequenos grupos de música tanto locais como de outros lugares. A iniciativa comezará o día 6 de setembro ás 15.30 horas da tarde e rematará o día 7 co último concerto ás 18.30 horas. Toda a actividade levarase a cabo na praza de Teruel onde haberá mercadiño e puntos de venda da propia asociación para buscar novos socios e socias para a colaboración.

A concelleira agradeceu a Alba e Martiño –impulsores deste festival– , por todas as actividades que están a facer ao longo do ano para veciñanza. Pola súa banda, Alba Pego falou que o primeiro día haberá tres concertos: ás 15:30 horas termos a Gloria Pavía & Rafael Morales, despois ás 18:00 horas actuará Seixo, “e imos rematar coas Daydream Sessions que levan con nós tres anos vindo ao Etal Equal”. Na xornada de domingo será máis familiar e con grupos locais comezando ás 13.30 horas coa Landra Viaxeira e o Amigo Lambón do grupo Os Jalochos –Suso Bello e Sabela Olivares– que será un concerto destinado para o público infantil, ás 17:00 horas con Lau Panicanela e rematamos ás 18.30 horas co Micro Aberto. Para anotarse tanto nos obradoiros coma no micro aberto farase a través do Instagram do Ribeira Crea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.