O Concello de Noia di que o mal estado das bombas de Albariza podería causar problemas de subministro e xa busca solucións

13 Agosto 2025

O novo equipo de Goberno de Noia emitiu un comunicado ao pouco de tomar posesión o alcalde Fran Pérez relativo ao subministro de auga para consumo a nivel local. No comunicado mostran a súa preocupación polo estado no que se atopa a estación de bombeo de Albariza: “Das tres bombas instaladas, só unha está operativa, e comezar a dar claros sinais de esgotamento”, sinálase. Isto, din, podería ocasionar problemas de subministro. Por certo que o punto de captación de Albariza é o único que neste momento subministra auga para consumo doméstico a todo o municipio, recordan.

“Estamos a traballar xa no tema, que agora mesmo é a nosa primeira prioridade como Goberno”, afirmou o alcalde entrante, Francisco Pérez. O novo rexedor afirma sentirse “moi preocupado de que non se poida garantir o subministro de auga ao conxunto do municipio” debido ao mal estado no que se atopa a estación, pero asegura estar xa traballando en dúas vías de solución, unha provisional e unha a medio e longo prazo.

De acordo ca información que achegan, o novo Executivo estaría traballando na instalación dunha bomba de auga auxiliar, que permita garantir o subministro no curto prazo.

Paralelamente, xa terían iniciado conversas cunha empresa especializada para iniciar reparacións nas dúas bombas que, neste momento, están inoperativas.

Sinalan ao executivo saínte de Santiago Freire como “responsábel do mal estado das instalacións”.

“Sabíamos parte do que había, pero non podíamos imaxinarnos este nivel de desleixo e irresponsabilidade. É un caso claro de falta de mantemento nunha infraestrutura vital para a veciñanza”, engadiu o agora rexedor noiés.

Dende o Executivo afirman que “realmente, foi unha sorte atopar o problema antes de que estoupase”. Aseguran que isto permitiu iniciar os traballos “de inmediato” , e confían en poder dar solución ao problema “antes de que, unha vez máis, as consecuencias as acaben pagando os noieses e noiesas”.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.