O Concello de Lousame impermeabilizará a fachada do local social de Cruído para rematar coas humidades

20 Agosto 2025

O Concello de Lousame está a investir unha partida de 18.453,47 euros na mellora da eficiencia enerxética do local social de Cruído. Unha achega que permitirá impermeabilizar a fachada do inmóbel, moi afectado polas humidades nos últimos anos.

De feito, o Concello lousamiá xa intentara anteriormente mellorar as condicións interiores e exteriores do inmóbel, mesmo chegando a reparar as fendas existentes da fachada para despois aplicarlles un recebado con morteiro hidrófugo. Un tratamento que co tempo se ten manifestado insuficiente para combater as humidades dun local que, pola súa situación, está especialmente exposto ás inclemencias meteorolóxicas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.