O Concello de Boiro adxudica as obras para a creación de beirarrúas e carril bici na avenida da Constitución

27 Agosto 2025

A xunta de Goberno local do Concello de Boiro aprobou a adxudicación das obras para a construción de beirarrúas e carril bici na avenida da Constitución, entre a av. de Compostela e a rúa Salvador Allende. O importe das actuacións a desenvolver ascende aos 199.240,61 euros e contan co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+ de Obras e Servizos.

As actuacións que se pretenden leva a cabo contemplan “a construción de beirarrúas de soleira de formigón e baldosa hidráulica nunha zona do núcleo urbano onde non existen na actualidade con abundante tránsito de peóns e zona de paso do alumnado dos centros de ensino da avenida de Compostela”, explicou o Concello, engadindo que amais da beirarrúa vaise realizar un novo treito de carril bici que conecta co xa existente na rúa Salvador Allende e que chega á praia de Barraña.

Ademais, a actuación contempla a execución dunha rotonda na intersección da av. da Constitución coa rúa Salvador Allende para aumentar a seguridade viaria cunha maior fluidez do tráfico rodado. A actuación contempla a execución de canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e electricidade así como a execución do de firme aglomerado que se completará co marcado viario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.