O CEIP Ana María Diéguez acolle este sábado a romaría do Campamento Concilia Verán de Rianxo

29 Agosto 2025

O vindeiro 30 de agosto celebrarase a tradicional romaría do Campamento Concilia Verán do Concello de Rianxo. O Concello informou que tendo en conta as previsión meteorolóxicas, a celebración trasladarase ao pavillón do CEIP Ana María Diéguez de Asados (sendo o emprazamento inicialmente previsto o campo de Santa Lucía). Dará comezo ás 12 horas e será unha cita familiar con xogos, obradoiros, inchábeis e actuacións. Ás 13.30 horas actuará Cé Orquestra Pantasma e pola tarde, ás 19.00 horas, será a quenda da agrupación de rock infantil Uxía Lambona e a Banda Molona.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.