
Xudicialmente existe condena para quen delinque por alterar a competencia, reparto do mercado e suborno a funcionarios.
Malia estas condenas, tras dos operadores aéreos do denominado “Cartel do Lume” que, supostamente, da acubillo a eses operadores, móvense os fíos que, en España, fan viable o negocio do lume ou como sacar rendemento económico do que para moitos cjdadáns significa a ruína ou total ou parcial e a perda de patrimonio, feito que acontece en Galicia cada ano ao igual que neste de 2025 acontece o mesmo que en Asturias, Castela-León ou Estremadura.
O “Cartel do Lume”, como xa se lles coñece popularmente, seguen a ser os maiores adxudicatarios de contratos por facilitar helicópteros e avións contraincendios ao Ministerio de Transición Ecolóxica e ás comunidades autónomas: AVINCIS, PEGASUS e MARTÍNEZ RIDAO AVIACION, que acadaron nos últimos concursos do citado Ministerio, 66,27 millóns de euros: PEGASUS, 55,93 millóns e AVINCIS proporcionou 4 aeronaves á Junta de Castela-A Mancha e recibiu as adxudiucaciñons mde dos gobernos autónomos de Andalucía, Aragón, Comunitat Valenciana e Galicia. PEGASUS ten contactos con Andalucía, Castela-A Mancha, Castela-León e Canarias, mentres que Mtez. Ridao subministra avións a Castela-A Mancha, Comunitat Valenciana, Baleares, Estremadura, Andalucía e Cataluña, xunto cos contactos por valor de 22,05 millóns de euros ao Ministerio de Innovación Ecolóxica e outras cotas dre apoio ás comunidades autónomas.
O ter sido condenado non impide legalmente a súa participación en concursos públicos e seguir contratacións administrativas.
Os helicópteros e avións aos que recorren tanto o Ministerio de Transición Ecolóxica como as comunidades autónomas para a loita contra os incendios forestais son un total de 250 aeronaves das que 270 corresponden ao Goberno Central. O mesmo ministerio recoñece a existencia dun oligopolio conformado por un reducido número de fabricantes de aeronaves que durante 20 anos permaneceu ligado a distintas autonomías (entre as que estaba Galicia). En sentenza do pasado febreiro da Sala do Penal da Audiencia Nacional, o coñecido como Cartel do Lume foi condenado por alterar a competencia sen ter en cinta o mercado e subornando a funcionarios e sancionados coa prohibición de contratos coas administracións públicas durante nove meses.



