O Campo Municipal de Barraña será escenario o sábado o Trofeo Memorial Carlos Muñiz

21 Agosto 2025

O Concello de Boiro colabora co CD Boiro na organización do Trofeo Carlos Muñiz, que terá lugar este sábado 23 de agosto no Campo Municipal de Barraña cun encontro entre o CD Boiro e o Pontevedra CF. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto co presidente do CD Boiro, Marcos Martínez, e Mariano Muñiz, familiar de Carlos Muñiz.

“Con este memorial queremos seguir poñendo en valor a figura de Carlos Muñiz, unha persoa que tivo moitísima vinculación co Club Deportivo Boiro”, afirmou Marcos Martínez.

Mariano Muñiz, en representación da familia, agradeceu a organización deste torneo “que é xa histórico e sempre levanta moita expectación. Carlos sempre estivo moi vinculado co CD Boiro e estamos moi agradecidos por que se siga recordando a súa figura”.

O alcalde convidou a toda a afección a achegarse o sábado ao Municipal de Barraña “a presenciar este encontro memorial que o CD Boiro mantén e que sempre é moi emotivo e moi importante para Boiro, no que imos a presenciar tamén bo fútbol entre o Boiro e o Pontevedra”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.