“Números” – Xulio Xiz

06 Agosto 2025

Non sei os nomes dos nenos de Negueira de Muñiz, pero nas súas casas non só os coñecen senón que lles queren, e seus pais estaban moi contentos de ter un colexio no que estudar sen desarraigo. Negueira é un dos lugares máis arredados da provincia de Lugo, e se hai anos perdeu o colexio, recuperouno en 2019 ao conseguir matricular cinco alumnos, pero pérdeo de novo porque para o curso que comeza en setembro só tería matriculados tres.

Negueira de Muñiz, segregado de Meira en tempos nos que o campo tiña máis vida, só ten tres nenos. E como o criterio para ter un colexio non se basea nos “fumes” que hai (que as casas xa non botan fume coma antes), nin nos supervivintes á emigración interior, nin na ánsia de manter viva a zona, queda sen colexio. Nesta Galicia que se baleirou a forza de condenar ás xentes a emigrar para poder vivir, na que unha escola é sinal de progreso e futuro, cinco nenos son moitos. Os nenos de Negueira poderán ir a Ibias, en Asturias, ou á Fonsagrada e estarán moi ben atendidos, recibirán a formación axeitada, pero de paso tamén aprenderán que para conseguir algo hai que irse de Negueira.

Normalmente, cando escribo teño clara a situación, as causas e a posible solución. Neste caso, non. Porque é unha cuestión cuantitativa; non se trata de querer ou non querer a escola; non se trata de vontade política ou popular; non se trata de nomes senón de números. Temos nenos números un, dous e tres: faltannos os nenos catro e cinco. A solución legal é borrar eses tres números en Negueira e sumalos noutro lado. Así Deus me leve que o entendo; pero non me cabe na cabeza. Será que eu son máis de letras – nomes – que de números.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...