Novas intervencións arqueolóxicas no Castro de Baroña

06 Agosto 2025

A Xunta de Galicia está a realizar novas intervencións arqueolóxicas no castro de Baroña, en Porto do Son, “co que son xa máis de 400.000€ os investidos polo Goberno galego neste xacemento nos últimos anos”. Así o salientou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na visita que realizou a estes traballos e que están a permitir, entre outros achados, coñecer a estrutura interior deste Ben de Interese Cultural.

López Campos explicou que as novas accións realízanse ao abeiro do Plan da actuacións arqueolóxicas que cada ano pon en marcha o Goberno galego. Sobre o mesmo, destacou que este 2025 destínanse 1,5 M€ para 81 intervencións, “das cales 14 desenvólvense na provincia da Coruña cunha partida que supera os 217.000 €”.

Neste senso, puxo en valor que en 2025 a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incrementou de “xeito considerable” a partida reservada para arqueoloxía, “tal e como demostra que, con respecto ao de 2024, superamos máis do dobre as accións só na provincia da Coruña”. Ao respecto, atribuíu esta suba a que “cada vez son máis o número de lugares históricos e de actuacións que precisan de acondicionamento, conservación, investigación, catalogación e divulgación, xa que estamos ante uns bens culturais que posúen unha relevancia incuestionable para Galicia”, aseverou.

Sondaxes en dúas áreas do castro

No caso concreto do castro de Baroña, o conselleiro precisou que a intervención arqueolóxica consiste en sondaxes en dúas áreas do xacemento, ademais doutras accións que inclúen substituír o vinilo do cartel informativo “e actuacións de mantemento de cara a seguridade nas visitas ou mesmo no que atinxe ao aspecto deste patrimonio tan senlleiro”.

O máximo responsable de Cultura do Executivo autonómico informou que para estas actuacións se van destinar máis de 18.000 €, que se suman aos máis de 400.000 € que leva investido a Xunta neste xacemento nos últimos anos, “o que reflicte a importancia que lle damos non só en preservalo, senón en seguir indagando e divulgando un ben que ten moito que contar da historia de Galicia”, concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...