Nomeamentos parroquiais na Diocese de Santiago de Compostela

27 Agosto 2025

O Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. D. Francisco José Prieto Fernández, fai públicos os seguintes nomeamentos e cesamentos. Os novos párrocos, administradores parroquiais, vigairos parroquiais e adscritos tomarán posesión dos cargos encomendados a partir do 1 de setembro. Unha vez tomada posesión do cargo, cesarán nos seus labores anteriores, salvo indicación contraria.

PÁRROCO da Unidade Pastoral formada polas parroquias de SAN PEDRO DE MUROS, SAN XOÁN DE SERRES e o seu unido, SAN MIGUEL DE SESTAIO, e SAN XIAN DE TOUREA; no Arciprestado de Céltigos e Entíns ao Rvdo. Sr. Don Edwin Alexander Bautista Casteláns. Cesa do seu oficio nas súas anteriores parroquias.

PÁRROCO de SAN MIGUEL DOUS AGROS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, no Arciprestado de Iria Flavia e Santiago, ao M. I. Sr. Don Carlos Álvarez Varela.

PÁRROCO de SAN FROITOSO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, no Arciprestado de Iria Flavia e Santiago, ao Ilmo. Sr. Don Víctor Suárez Gondar.

PÁRROCO da Unidade Pastoral formada polas parroquias de NOSA SEÑORA DÁ PIEDADE DE VILA DE CRUCES con SAN PEDRO DE CUMEIRO; SAN TOMÉ DE *ÍNSUA; SAN XOÁN DE LARAZO con SANTA MARÍA DE ARNEGO; SAN MAMEDE DE LOÑO e SANTA MARÍA DE OIRÓS, no Arciprestado de Ferreiros e Sobrado, ao Rvdo. Sr. Don Rubén Budiño Carreira. Cesa do seu oficio nas súas anteriores parroquias.

PÁRROCO de SANTAIA DE CURTIS (Teixeiro), NOSA SEÑORA DE LURDES DE CURTIS, SANTA MARÍA DE FOXADO e da súa axuda de parroquia SANTIAGO DE PARADELA, no Arciprestado de Ferreiros e Sobrado, a o Rvdo. Sr. Don Callistus Chibiedere Nwoye. Cesa do seu oficio nas súas anteriores parroquias.

PÁRROCOS IN SOLIDUM DA UNIDADE PASTORAL DE BETANZOS, integrada polas parroquias de SANTA MARÍA DE BETANZOS; SANTIAGO DE BETANZOS e o seu unido, SAN MARTIÑO DE BRABÍO; SANTIAGO DE REQUIÁN e o seu unido, SANTO ESTEVO DE PIADELA; e SAN MARTIÑO DE TIOBRE, aos Rvdos. Sres. Don Mario Cotelo Felípez e Don Mateo Augado Domínguez, conservando os seus anteriores encargos pastorais. Actuará o primeiro como moderador.

ADMINISTRADOR PARROQUIAL de SAN LOURENZO DE VILARRASO, no arciprestado de Betanzos, a o Rvdo. Sr. Don Callistus Chibiedere Nwoye.

VIGAIRO PARROQUIAL de SAN XOÁN BAUTISTA DE CAMBEDA, SAN MARTIÑO DE CASTRELO, SANTA MARÍA DE MUXÍA e SAN VINCENZO DE VIMIANZO e o seu unido, SAN XOÁN DE CALO, no arciprestado de Soneira e Nemancos; ao Rvdo. Sr. Don William Moura Vega, con autorización da súa Rvdmo. Ordinario. Cesa do seu oficio nas súas anteriores parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.