Martes 12, descenso das temperaturas en Galicia pola entrada de aire húmido do Atlántico

11 Agosto 2025

A chegada este martes dunha masa de aire húmida procedente do Océano Atlántico traerá un descenso xeneralizado das temperaturas en toda Galicia. A xornada comezará con ceos cubertos por nubes medias e altas, con momentos de alternancia de claros.

Pola tarde, agárdase o crecemento de nubes de evolución que poderían deixar chuvascos, nalgúns casos de carácter treboento, especialmente no interior da comunidade.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas baixarán lixeiramente (29 graos). O vento soprará moderado de compoñente norte e será frouxo nas zonas interiores.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.