“Incendios forestais: Non é igual xestión que actuación decidida”. Antón Luaces

22 Agosto 2025

Son menos e de menor importancia; pero están ahí: os incendios forestais en Galicia e outros lugares de España manteñen a súa virulencia, mais reduciron a súa capacidade destrutiva grazas a un evidente descenso da temperatura e as catro pingas de choiva que caeron sobre parte da xeografìa galaica.

Ínsuficiente?. Tamén resulta evidente. Como evidente é que o problema climático non se amañou nen vai ser amañado con esas que dicimos foron catro pingas de auga espalladas por parte da comunidade autónoma para facer certo aquel dito segundo o cal, o gran non fai celeiro, mais axuda ao compañeiro.

Cada vez son máis as voces que reclaman actuacións decididas a prol dos bosques galegos, E os que temos anos dabondo para lembralo, temos conciencia de como os nosos labregos se opuxeron, aló polos anos 50/60 do século pasado -en pleno franquismo- á proliferación das zanxas cortalumes que, a xuizo dos propietarios dos montes e as xuntas veciñais de propietarios de montes, significaban graves perdas económicas para eles e que, hoxe en día, tanto se botan de menos. Nomeadamente nestes quince días de lumes descontrolados durante os que se queimaron casas e lugares, animais e colleitas,  deixando a familias enteiras sen outro sostén que os seguros e as previsíbeis axudas económicas emanadas das distintas administracións. 

Neste senso, as en teoría máis implicadas -segundo a vixente Lei de Montes- son as comunidades autónomas que, no que atinxe a Galicia, pouco ou moi pouco se implicou na adecuación do territorio ao cambio climático que, segundo as previsións da axenda 2030 cuxos obxectivos principais son  as persoas, o planeta e a prosperidade, xunto á paz universal e o acceso á xustiza. Con esta fronte, 17 obxectivos de desenvolvemento sostible: errradicar a pobreza, poñer remate á fame, garantir vida sá e promoción do benestar en todas as idades; asegurar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todos; igualdade entre xéneros, garantir auga limpa e san, acceso a unha enerxía asequible e non contamiñante, traballo decente e crecemento económico sostido, infraestruturas e industrias sostibles e innovación, reducir desigoaldades na sociedade e entre diferentes países, cidades  sustentables, consumo responsable, cambio climático, vida submariña, proteción de ecosistemas terrestres, impulsar sociedades pacíficas e afortalar os medios de execución de alianzas para o desenvolvemento sostible. 

Oxalá o dano que cause o lume dea como resultado unha mellor comunidade para todos.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.