Inaugurada en Ribeira a nova edición de Viamare Stock

08 Agosto 2025

Este venres 8 de agosto ao mediodía a explanada do porto de Ribeira acolleu a inauguración da Feira de Oportunidades Viamare Stock, unha cita na que participaron o alcalde Luís Pérez Barral e máis Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira (AER), entidade organizadora do evento.

Unha vez máis, o máis relevante desta feira son os grandes descontos dos comercios que participan. A nova edición (a XX convocatoria) conta coa presenza de 21 comercios asociados con cadanseu espazo personalizado (haimas), que ofrecerán os seus mellores produtos con grandes descontos.

No acto de inauguración oficial tamén estiveron presentes o tenente de alcalde, Vicente Mariño, a presidenta de AGADEA (Asociación Galega de Familiares de Enfermos de Alzhéimer), María Isabel Gey xunto a edís da Corporación ribeirense e membros da Asociación de Empresarios e Empresarias.

Francisco Martínez sentiuse orgulloso de chegar a esta vixésima edición salientando todo “o traballo realizado ata do agora” e destacando tamén que esta feira “non só repercute no comercio local se non que tamén por extensión na hostalería da cidade”. Martínez rematou dándolle as grazas a Asociación AGADEA por colaborar na decoración da feira así como o apoio do Concello, co que vai seguir traballando “cóbado con cóbado”.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral, mostrou a súa felicidade pola colaboración que mantén o Concello co tecido comercial e coa Asociación porque celebrar 20 edicións con máis de 21 establecementos comerciais do noso Concello é un éxito e ademais bríndase aos visitantes e á veciñanza a posibilidade de comprar produtos de calidade a prezos de saldo”. O alcalde informou dunha fin de semana “ateigada de eventos culturais e festivos que van a dinamizar o concello de Ribeira; como son as festas de Palmeira, Corrubedo, da Ameixida ou a celebración do Campionato de Windsurf na praia do Castro”.

O rexedor engadiu que “mañá sábado, Ribeira será o epicentro comercial da comarca onde coincidirán o mercado ambulante dos sábados, o propio Viamare e o mercadiño Xiradiscos na Porta do Sol onde o domingo tamén terá lugar a Feira de Antigüidades”. Para finalizar o rexedor fixo unha alegación ao comercio local: “Cada vez que mercamos nun comercio da nosa localidade estamos levando para casa produtos de gran calidade pero sobre todo estamos recibindo un trato humano no que che atenden con nome e apelidos e que saben precisamente o que un necesita”.

O presidente da patronal de Ribeira indicou tamén que “con motivo desta edición tan especial” (o 20 aniversario de Viamare Stock), por cada compra realizada polos clientes repartirase un tícket para participar nun sorteo presencial que se celebrará o domingo 10 ás 13:00 h. Sortearanse 150 € en premios, repartidos en tres vales de 50 €, para gastar ese mesmo día na feira.

A feira contará co apoio do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...