Fin de semana de tempo estable nas Rías Baixas e en Santiago baixo a influencia das altas presións

01 Agosto 2025

A xornada do sábado 2 teremos ceos maiormente despexados nas Rías Baixas e en Santiago de Compostela, onde se agarda un día ideal para o turismo e as actividades ao aire libre.

Durante a mañá, poderán aparecer nubes baixas en comarcas do interior, pero iranse disipando co paso das horas. Nas rias baixas incluíndo a capital galega os ceos estarán moi despexados ou con presenza de nubes altas, especialmente cara ao mediodía.

As temperaturas mínimas manteranse estables, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, situándose en valores agradables para esta época do ano.(34-28 graos)

O vento soprará do nordés con intensidade moderada, podendo acadar forza nas zonas costeiras entre Estaca de Bares e Fisterra, sen maiores incidencias nas áreas máis abrigadas das Rías Baixas.

Na xornada do domingo o ceo estará mais despexado e as temperaturas seguirán subindo.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 5. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 0 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.