Falece unha muller tras ser rescatada inconsciente da auga na praia de Lires, en Cee

26 Agosto 2025

Malia os esforzos por reanimala, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa, que se metera na auga xunto con outro adulto e un menor. Estes dous resultaron feridos e foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee.

O 112 Galicia tivo aviso deste suceso minutos antes das 16 horas, a través de varios particulares que alertaban de tres persoas, unha deles un neno, que se atopaban en dificultades tras meterse na auga na zona esquerda da praia de Lires (Cee).

De inmediato, activouse un dispositivo para o que se alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Cee.

Os particulares que contactaron co 112 Galicia explicaron que os estaba levando a corrente e que a situación do mar era complicada. De feito, desde Salvamento Marítimo chegouse a mobilizar o helicóptero de rescate Helimer. Ata o lugar tamén se desprazou a aeronave medicalizada con base en Santiago de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Con todo, pouco despois conseguiuse sacar da auga ás tres persoas. Unha delas, a muller, estaba inconsciente e os servizos sanitarios practicáronlle manobras de reanimación, aínda que finalmente só puideron confirmar o seu falecemento. Un home e o menor foron evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.