Este xoves 28, nova concentración pola sanidade pública no Centro de Saúde de Ribeira

28 Agosto 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise concentrar novamente este xoves 28 de agosto ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira. O obxectivo será esixir a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Ribeira e Aguiño. A Plataforma denuncia que “neste momento están traballando menos da metade das médicas que debería haber no noso centro”.

Como de costume, a axenda inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e “precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.