Este venres arrincan as Festas de Cespón 2025

15 Agosto 2025

Esta semana, a partir do venres 15 de agosto, celébranse no concello de Boiro as Festas de Verán de Cespón. As actividades comezarán o venres (Día de Nosa Señora dos Ánxeles) cunha ruada a primeira hora da mañá a cargo de Os Pequenos do Barbansa e Charanga Noroeste, con misas cantadas cada hora a partir das 9.00 horas. O venres haberá misa solemne ao mediodía e procesión coa Banda de Música de Rianxo. Logo celebrarase unha sesión vermú con Rumbo Norte e polo serán misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón. Pola noite verbena con Rumbo Norte, Dúo Aires de Broña, Disco Planet e DJ Jalaiko.

O sábado, Día de San Roque, arrincará cunha ruada matinal con Os Pequenos do Barbansa e a Charanza Xuntanza. Ás 12.00 horas haberá misa solemne co Coro de San Vicente de Cespón e procesión coa Banda de Música de Teo. A sesión vermú virá da man do Grupo Platinum. Ás 17.00 horas celebrarase a festa para a rapazada Infantilandia, con inchábeis, tobogán de auga, touro mecánico e xogos. Pola noite gran verbena co Grupo Platinum e o Trío Arena.

O domingo 17 de agosto, Día de San Antón, arrincará cunha ruada con Os Pequenos do Barbansa e a Charanga Noroeste. Logo haberá misa contada co Coro San Vicente de Cespón e sesión vermú coa Charanga Noroeste. Pola noite, a partir das 22h, haberá verbena con Orquestra Alianza e Trío 3.Com.

O luns 18 de agosto, Día de San Xosé, comezará cunha ruada con Os Pequenos do Barbansa e a Charanga Noroeste. Ás 12.00 horas oficiarase unha misa solemne cantada co Coro San Vicente de Cespón e logo celebrarase unha sesión vermú con Charanga Noroeste. Pola noite verbena con Orquesta Los Españoles e Dúo de Vicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.