Este sábado 9 de agosto celébrase a IV Festa Gastronómica de Leiro (Rañó)

07 Agosto 2025

Este sábado 9 de agosto celébrase en Rañó (Leiro, Rianxo) a cuarta edición da Festa Gastronómica de Leiro. Será no merendeiro da Lomba a partir das 12.30 horas. Organiza a Confraría de Pescadores Virxe do Carme co apoio do Concello de Rianxo, entre outras entidades.

A festa arrincará ao mediodía, ás 12.30 horas, cun concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, e proseguirá ás 14.00 horas cun xantar amenizado por Río do Anxo. Haberá, na vertente gastronómica, empanada de xouba, choco con arroz na súa tinta, anguía fritida e polbo con fabas e centola.

A axenda da tarde continuará ás 18.00 horas coa actuación de The Cuncas, seguida da música de DJ Berto.

Para aquelas persoas interesadas en reservar mesa para a comida, poden facelo chamando ao 658 116 944.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.