Domingo 10, néboas matinais nas Rías Baixas e risco de treboadas no interior da comarca de Santiago. Suba da temperatura

09 Agosto 2025

A xornada do domingo, San Lourenzo, traerá tempo variable nas Rías Baixas e na comarca de Santiago de Compostela, con momentos de sol pero tamén risco de precipitacións na segunda metade do día.

A mañá comezará con brétemas costeiras nas Rías Baixas e bancos de néboa no interior, que se irán disipando co avance das horas. A partir do mediodía, medrarán nubes de evolución que poderán deixar chuvascos de carácter treboento en áreas do interior, especialmente nas comarcas máis afastadas da costa.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas subirán, sobre todo nas rias de Arousa e Muros-Noia (33 graos) e na área compostelá (37 graos), deixando unha tarde de calor moderada.

En canto ao vento, na metade sur de Galicia —incluíndo Rías Baixas e Santiago— será frouxo de compoñente sur, mentres que no litoral norte soprará moderado de nordés, con intervalos fortes na zona de Bares.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

O domingo, as comarcas do Noroeste, Miño e Valdeorras en Ourense continuarán en nivel 3 (vermello). A Montaña de Lugo e a Montaña de Ourense estarán en nivel 2 (laranxa), e o Sur de Lugo, o Sur de Ourense e o Interior da Coruña manteranse en nivel 1 (amarelo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.