Comeza a conta atrás para o Castelo Rock 2025 en Muros

01 Agosto 2025

Os días 8 e 9 de agosto, o Castelo Rock 2025 celebra a súa XXI edición en Muros, cun formato renovado, aforo limitado e “un modelo cultural sostíbel e de proximidade”, segundo fixo saber a organización na presentación dos detalles desta importante cita musica e cultural, celebrada no Consistorio os días pasados, coa presenza da alcaldesa, María Lago, e outras/os representantes do Goberno local.

Alí confirmaron que o festival ofrecerá concertos no escenario principal na praza do Mercado, con entrada de pago, e actividades de día con entrada libre no Curro da Praza, a rúa Ancha e a praza da Pescadería.

O cartel inclúe a Gorka Urbizu, que presenta o seu traballo Hasiera Bat, xunto a Familia Caamagno, Pauliña, Capital Voskov, Eris Mackenzie, Lisdexia, Mascada e Catuxa Salom.

En palabras dos organizadores, “será unha edición diferente, máis íntima e especial que encherá as rúas de Muros de música, de bo ambiente e de cultura”.

O aforo será moi limitado (500 entradas) xa que o festival terá lugar no corazón do casco histórico da vila, “algo que fará que esta edición sexa única”. Haberá concertos, sesións vermú e actividades paralelas “que converterán a Muros en centro de interese esa fin de semana”.

Entradas en www.castelorock.gal. Os prezos serán de 15 euros (abonos) e de 10 euros para socios.

O festival está organizado pola ACRD Praia do Castelo coa colaboración do Concello de Muros e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.