“Café con leite”. Luís Celeiro

01 Agosto 2025

Café con leite e, se o leite é da Marela, moito mellor. Segundo a FAO, a Organización das
Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, os países máis produtores de café son
Brasil, Vietnam, Indonesia, Colombia e Etiopía. E este, o café, é un dos produtos máis
importados do mundo. Finlandia, Noruega, Islandia e Dinamarca son catro dos países onde
se bebe máis café, seguidos de Países Baxos, Suecia, Suíza e Bélxica. Ao parecer, as baixas
temperaturas son unha das razóns ou escusas. Tamén en Luxemburgo e Canadá hai un alto
consumo deste produto, que en Galicia ten o seu grande mérito.
A asesora de xestión e proxectos da Asociación Catalana de Vending (ACV), Yolanda Bolaños,
pensa que “os novos consumidores de café non só buscan satisfacer as súas necesidades de
cafeína, senón tamén gozar dunha experiencia de consumo que vaia máis alá do
convencional, apreciando os matices de sabores, aromas e presentacións”.
Aquí, a cultura do café está arraigada no ser da gastronomía e no sentir de cada un dos
galegos, que beben café ao almorzo, despois de xantar, antes e despois de cear. Se cadra,
un par de cafés pola mañá e outro par deles ao atardecer, na terraza do bar ou pousado no
mesmo mostrador, cerca do azucre e ao carón do compañeiro que bebe mentres fala.
Tomar café está de moda e gústalle á xente moza. Aos outros, tamén.
Café só, cortado ou con leite e coas súa ducias de variantes: café expreso, mesturado con
leite emulsionada; cortado, neste caso a cantidade de leite é menor; café con leite
manchado, poida que sexa o café quen mancha ao leite; café cappuccino ou Flat White, café
moca, unha variante norteamericana do café con leite e chocolate; café descafeinado con
leite, e o café de pota, se é posible, con gotas de augardente saborosa, para que se encha a
cunca de ideas.
E o leite. Aquí os camareiros, aínda que veñan da Escola Superior de Hostalería, teñen que
facer un curso especial, con teoría e práctica, e teñen que exercitar a memoria para
recordar que pode ser leite enteira natural ou cremosa, desnatada, de vaca ou de cabra;
leite de avea, de amendoa, de soia ou de coco. A Tía Manuela, ao falar disto, non deixa
opcións, “o leite ten que ser das vacas que pacen nos prados galegos”. O café que sexa
torrado nunha factoría galega.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...