Barbanza Arousa lanza o circuíto “4 Carreiras, 1 Meta”, edición 2025, que comeza este mes de agosto

21 Agosto 2025

O Campo de Arriba do concello de Rianxo acolleu este 21 de agosto a presentación oficial da nova edición do circuíto 4 carreiras, 1 meta, promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.

No acto participaron Julián Bustelo, presidente da Mancomunidade e alcalde de Rianxo; o alcalde da Pobra do Caramiñal José Carlos Vidal e os concelleiros de deportes Xavi Vidal (Ribeira) e Marcos Fajardo (Boiro), así como persoal técnico deportivo dos concellos implicados.

Segundo explicaron, este proxecto consiste nun programa anual de carreiras populares que “busca fomentar a práctica do deporte ao aire libre, ao tempo que se promove o coñecemento dos atractivos naturais e culturais da zona Barbanza Arousa”. A iniciativa está organizada conxuntamente pola Mancomunidade Barbanza Arousa e os departamentos de deportes dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

“Desde a Mancomunidade animamos a toda a cidadanía a formar parte desta proposta que é moito máis ca unha carreira. É unha oportunidade para compartir, para gozar en familia, con categorías para todas as idades, e para descubrir o patrimonio dun lugar que paga a pena visitar”, declarou Julián Bustelo, presidente da Mancomunidade, engadindo que o circuíto forma parte da estratexia da Mancomunidade para “impulsar o turismo activo e de natureza durante todo o ano, contribuíndo así á desestacionalización da oferta turística”.

As probas discorren por contornas de gran valor paisaxístico e patrimonial, reforzando a imaxe do territorio como un destino atractivo os 365 días do ano.

O calendario do circuíto inclúe catro carreiras: a primeira celebrarase na Pobra do Caramiñal o 31 de agosto, seguirá en Ribeira o 27 de setembro, despois en Rianxo o 1 de novembro e finalizará en Boiro o 7 de decembro.

A participación está aberta a todo tipo de corredores e corredoras, tanto federados como non federados, con independencia da súa procedencia.

“Esta proposta deportiva segue medrando ano tras ano, o que favorece que cada vez máis visitantes, tanto de Galicia como doutras comunidades autónomas, se acheguen ao territorio”, sinalaron dende a Mancomunidade, apuntando que o obxectivo “é atraer ese turismo de proximidade que busca escapadas curtas ao longo do ano para gozar da gastronomía local, das rutas de sendeirismo, da paisaxe, miradoiros, museos e do patrimonio histórico”.

Ademais de premios económicos, entregaranse tamén experiencias turísticas no destino Barbanza Arousa, coa finalidade de seguir promovendo o territorio e crear unha rede de embaixadores do mesmo.

A inscrición no Circuíto realízase a través da web www.emesports.es. Para participar nas catro carreiras a data límite de inscrición é o vindeiro 28 de agosto ás 14:00h. Así mesmo, está contemplado participar no Circuíto asistindo a tres das catro carreiras polo que a data de inscrición prolóngase ata o 24 de setembro ás 23:59 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.