Arrincan en Portosín as Festas do Carme

15 Agosto 2025

Portosín está esta fin de semana de festa: entre os días 15 (venres) e 17 de agosto (domingo) a vila vai celebrar as súas Festas do Carme 2025, organizadas novamente pola Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

As celebracións arrincan este venres ás 18.00 horas co Memorial Manel Deán, en homenaxe ao concelleiro de Porto do Son recentemente falecido. Consistirá nun partido de fútbol no Campo Municipal Emilio García coa participación de xogadores veteranos do CD Portosín dende a súa fundación. Ás 23.00 horas haberá verbena con Discomóvil Impacto.

O sábado haberá ruada de mañá con Canlebó e ao mediodía con Alambique. Logo ás 13.00 horas celebrarase a XXXV Festa da Exaltación da Sardiña Azul de Portosín e pola tarde, ás 17.00 horas, haberá regata de remo do Náutico contra a Confraría. As 18.00 horas arrincarán os xogos para a rapazada: haberá inchábeis, xogos populares, pintacaras, cucañas con premios e festa da escuma. Pola noite a partir das 23.00 horas a Orquestra New York e Discomóbil Impacto encargaranse da verbena.

O domingo arrincará con dianas e alboradas a cargo de Canlebó e logo está previsto (ás 10.30 horas) que comece a procesión dende a Igrexa de Portosín. Ás 11.00 haberá misa na honra da Virxe do Carme no peirao de Portosín e ás 13.00 está programado un conceto da Banda de Música de Caamaño. Ás 18.00 celebrarase a procesión marítima e polo serán, ás 21.00 horas, comezará un concerto na praza do Curro a cargo de A Misela. Pola noite verbena coa Orquestra París de Noia a partir das 23.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.