Ambar celebra o seu peche de tempada cunha festa de verán á que asistiu a directora xeral de Discapacidade

05 Agosto 2025

As persoas usuarias da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional puxeron o broche final á súa tempada de traballo cunha emotiva festa de verán o pasado venres 1 de agosto no Restaurante Baiuca de Ribeira. O evento, que serviu para dar a benvida ás vacacións de agosto, contou coa presenza de Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.

A xornada de convivencia e lecer foi un espazo para que toda a familia de Ambar puidese celebrar o intenso traballo realizado durante o ano na promoción da inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional na comarca do Barbanza. Dende a asociación, quixeron manifestar o seu agradecemento á directora xeral, Begoña Abeijón, pola súa asistencia e polo seu compromiso co labor que a entidade desenvolve. “A súa presenza”, sinalaron dende Ambar, “é un claro sinal do apoio das administracións públicas ós esforzos por construír unha sociedade máis xusta e accesíbel para todas as persoas”.

Dende a dirección da asociación inclusiva con sede principal en Ribeira sinalaron que “coa chegada do mes de agosto, as persoas usuarias de Ambar inician un merecido descanso para recargar enerxías e volver con máis forza en setembro, cando o noso equipo regrese coa mesma ilusión e dedicación para continuar Impulsando vidas independentes en comunidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.