Alarma en Vilagarcía por un incendio nunha nave de produtos químicos en Rubiáns

09 Agosto 2025

Activado o Plan de Emerxencias de Galicia en Rubiáns polo incendio en Impex, que comercializa o popular raticida Ratibrom

Un aparatoso incendio na nave da empresa Impex Europa, que comercializa o popular raticida Ratibrom, dedicada ao almacenamento de produtos químicos e situada na parroquia de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), obrigou este sábado a activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) e a desaloxar de forma preventiva varias vivendas próximas.

O lume, detectado sobre as 11:00 horas por un particular que alertou da intensa columna de fume negro, propagouse con rapidez e chegou a provocar o colapso do teito da nave, que este sábado permanecía pechada.

Aínda que os produtos químicos almacenados non son tóxicos, as autoridades recomendan á veciñanza pechar as ventás, evitar saír da casa e non achegarse á zona acordonada, tanto por seguridade como para facilitar os traballos de extinción. A proximidade da nave a unha gasolineira incrementou a preocupación inicial.

Operativo despregado

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Vilagarcía, Ribadumia, Baixo Miño e da Consellería do Medio Rural, así como persoal de Emerxencias de Vilagarcía e do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias, que mobilizou unha cisterna de gran capacidade. Tamén participan patrullas da Policía Nacional e Local, que cortaron o tráfico na N-640 no quilómetro 234, desviando a circulación en sentido Vilagarcía á altura da incorporación cara ao Hospital do Salnés.

A Garda Civil colaborou no desaloxo preventivo das vivendas máis próximas. Paralelamente, estanse a realizar medicións da calidade do aire debido á natureza química dos materiais almacenados.

O Servizo de Urxencias Sanitarias tamén foi alertado, aínda que, de momento, non hai persoas afectadas, xa que as instalacións estaban baleiras no momento de iniciarse o incendio.

Cuatro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.