“Actuar e despois falar”. Luís Celeiro

08 Agosto 2025

Para manter, coidar e defender ao medio ambiente cómpre ter xeito, idea e método. Cómpre ter sensibilidade e moito interese por defender, en primeiro lugar os intereses públicos, os de todos, os da veciñanza, os dos que se foron e os dos que volven ou veñen. Nos intereses de todos están, obviamente, os nosos, que tamén son vosos. Madía leva!
Seguindo co son dos tempos e para que se vexa ou se pense que hai interese dende o Goberno polo medio ambiente, a Xunta de Galicia, a través da páxina Web de Sogama, das redes que manexa e mesmamente a través dos medios de comunicación, fai pública a necesidade de practicar hábitos responsables da cidadanía, entre eles, a procura da redución  “da produción de residuos, minimizar o desperdicio alimentario ou aforrar auga e enerxía”.
Aí queda iso! Dito desa maneira, aí queda e cadaquén que pense como queira. Faise público un decálogo para fomentar as boas prácticas medioambientais e para que a cidadanía respecte e protexa, fronte ás adversidades, ao medio ambiente, durante estes meses de verán cálido e de calor duradeira.
Trátase de concienciar á cidadanía sobre a importancia de “poñer en práctica pequenos xestos que levan asociadas grandes recompensas”, como a minoración da produción de refugallos, de plásticos e toneladas de elementos inservibles e moitos deles tóxicos. Unha das medidas que propoñen é levar unha bolsa no peto, para que, cando se presente a ocasión, podan saír ben parados.  
Entre as recomendacións está a de prescindir daqueles produtos de usar e tirar e tamén dos envoltorios e envases innecesarios. Doe a cabeza ao ler os datos que aporta o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, indicando que se consumen en España ao redor de trece millóns e medio de toneladas de plástico ao ano. Máis dun millón das mesmas son de material supostamente nocivo e dun só uso.  
É evidente, o mundo rico luxa e non limpa. As botellas de plástico enchen os mares e os océanos, e os científicos advirten que para o ano 2050 haberá nas augas máis plástico que peixes. Ao parecer, o plástico tarda cerca de medio millón de anos en desaparecer e non alimenta nada a ninguén, degrada, desfai, contamina, aumenta e mata. Neste caso, como di a Tía Manuela, “as autoridades deberían aplicar normas preventivas, actuar e despois falar”.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

+

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

+

“Galicia hace las cosas bien”. José Castro López

Cuando el ruido político parece imponerse al análisis sereno, resulta especialmentereconfortante leer el informe del Foro Económico de Galicia que, integrado porprofesores e investigadores, empresarios, directivos y periodistas de referencia, invita amirar la realidad...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Empeza a Festa da Dorna. Luís Pérez Crujeiras

Empeza a Festa da Dorna. Luís Pérez Crujeiras

A fanequeira da peña dorneira As Caracolas ou chiringuito azul do Touro na curva co espello instagrameable, convertiuse no concello de Ribeira por unha tarde durante a celebración do enjamento dorneiro do venrres 17. Onde os dorneiros decoraron ata a entrada o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.