A Xunta reforza con 138.000 euros actuacións de desenvolvemento sostíbel nas Illas Atlánticas

13 Agosto 2025

A Xunta apoia este ano con algo máis de 138.000 euros un total de 22 actuacións impulsadas por concellos, empresas, institucións sen fins de lucro e particulares na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A resolución das axudas da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, publicada este 13 de agosto no Diario Oficial de Galicia, “supón”, en palabras da Consellería, “a utilización da práctica totalidade do orzamento dispoñíbel na convocatoria de 2025, de arredor de 141.000 euros”.

As achegas, que poden cubrir ata o 100% do investimento subvencionábel, buscan promover o desenvolvemento sostíbel das poboacións asociadas ao parque e apoian accións de conservación ou restauración do patrimonio da zona. Tamén se dirixen a eliminar impactos sobre os valores naturais ou culturais, favorecer actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais na contorna, a posta en marcha de iniciativas económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación nos valores que leva implícitos.

Os proxectos máis numerosos son os promovidos por institucións sen fins de lucro, cun total de 11 que suman un importe de máis de 64.000 euros. Neles recóllense diferentes actuacións como a eliminación e control de especies exóticas invasoras, actividades de sensibilización e concienciación para un desenvolvemento sostíbel do parque, un campo de voluntariado ambiental e distintas accións coas que poñer en valor o patrimonio cultural e natural dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

As achegas aprobadas a empresas foron un total de oito, por un importe total de 48.000 euros, con finalidades semellantes ás anteriores: eliminación de especies exóticas invasoras nas Cíes ou Sálvora, a promoción dun ecoturismo accesible a persoas con diversidade funcional visual ou distintos proxectos para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía a historia e a riqueza natural que agocha o parque.

No caso das axudas a concellos, foron un total de dúas que suman un importe de 19.900 euros, para divulgar o patrimonio da illa de Sálvora e estudar o solo do Parque de Compostela, no concello de Vilagarcía de Arousa. No caso dos particulares, houbo unha única achega, de 6.000 euros, para un proxecto que ten como obxectivo o mantemento e recuperación da tipoloxía construtiva tradicional dunha casa na illa de Ons.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.