A Pobra ofrece un cartel de primeira orde para as súas festas do Nazareno

28 Agosto 2025

Tras un verán cheo de actividade, A Pobra despedirá a época estival co Nazareno, Festa de Interese Turístico de Galicia. A cita, unha das “insignias” do municipio, celebrarase do 19 e o 22 de setembro, ofrecendo ao público asistente música, actividades infantís, unha festa holi, a tradicional Procesión Votiva das Mortallas e un grande espectáculo de fogos artificiais e acuáticos con drons. Así o avanzaron dende o Consistorio, este xoves 28 de agosto pola mañá, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o presidente da Comisión de Festas do Nazareno, José García.

Durante a presentación, a concelleira animou á veciñanza “tanto da Pobra como doutros municipios a sumarse á gran festa do municipio, que funciona como punto de encontro e que é un evento cargado de tradición e historia”. Tanto a edil como o presidente da comisión coincidiron en sinalar o esforzo realizado “para seguir mellorando o cartel, ofrecendo alternativas para todas as franxas de idade”.

A programación arrincará o venres, 19 de setembro, coa música como gran protagonista. Ese día, ás 12.00 horas, terá lugar o lanzamento das bombas de palenque que anunciarán o comezo do evento. O arranque virá ao son do Grupo de Gaitas Xiada e da Banda de Música Municipal de Redondela. Estes últimos darán, así mesmo, dous concertos no xardín ás 13.00 e ás 20.00 horas. Ás 21.15 horas terá lugar o pregón oficial desde o balcón da Casa do Concello que, nesta ocasión, correrá a cargo da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Durante a súa intervención, a concelleira incidiu no “orgullo que supón contar cunha agrupación musical destas características e na que toman parte moitos mozos e mozas dispostos a sacrificar o seu tempo libre para traballar desde a Banda”. Ás 22.00 horas a música continuará da man das Cantareiras Arrincadeira e da A. C. Eiradela. Así mesmo, está prevista unha actuación de Monoulious DOP, un grupo noiés que suma xa unha década e media de traxectoria, e que subiron, ao longo do 2025, a multitude de escenarios de toda a xeografía galega. A xornada inaugural pecharase coa sesión de disco móbil de Disketoca.

Segundo día

O sábado, 20 de setembro, o comezo do Nazareno será ás 10.00 horas cunha ruada marcado pola Banda de Música Unión Musical de Meaño, a Banda de Gaitas de Forcarei e o Grupo de Gaitas Xiada e O Son do Pote. Estas agrupacións farán varias actuacións ao longo do día e, ás 22.30 horas, está prevista unha gran verbena a cargo de América e G Face (Gabriel Fandiño), que aterrará na Pobra para presentar Luna o seu último traballo. A noite pecharase coa sesión disco de Juanma López DJ.

Prato forte do Nazareno

O domingo, día 21, será un dos pratos fortes do Nazareno. Ese día, ás 10.00 horas, a Banda de Música Escola Naval Militar de Marín, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña e o Grupo de Gaitas Xiada e O Son do Pote farán a súa entrada na vila. Ás 10.30 horas terá lugar a solemne e tradicional Procesión Votiva das Mortallas. Trátase “dunha marcha cunha gran tradición e moi coñecida porque as persoas participantes desfilan portando féretros baleiros en sinal de agradecemento ao Nazareno por ter evitado a morte ou axudado a superar unha enfermidade grave”, explicou o presidente da Comisión, engadindo que “estamos unha procesión única en España” e que reúne, ano tras ano, a milleiros de devotos. Ás 13.00 horas a música continuará cos concertos no xardín, na praza da Maura e García Martí, e ás 18.30 horas haberá un pasacalles do Grupo de Gaitas O Son do Pote. A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra tomará a remuda, ás 20.00 horas, cunha actuación no xardín e, ás 21.00 horas, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos fará o propio na praza Alcalde Segundo Durán. O día pecharase coa actuación da orquestra Panorama (23.00 horas).

Xornada de peche

O programa pecharase o luns, día 22 de setembro, con pasacalles da Banda de Música de Moimenta, da Banda de Gaitas Os Chaneiros e da Banda de Gaitas Xiada e O Pote (10.30 horas). Así mesmo, os máis pequenos e pequenas poderán gozar dunha festa infantil (12.00 horas) e doutra holi, na que A Covecha se encherá de cor (16.30 horas). A música continuará a partir das 19.00 horas cun concerto da Banda de Música de Moimenta e, a partir das 21.00 horas, coa orquestra Combo Dominicano.

O peche do Nazareno chegará cun grande espectáculo de drons coordinado con fogos artificiais (00.15 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.