A OPP83 Sociedade Cooperativa Santa Uxía doa media tonelada de Lirio de Ribeira e sardiña á feira gastronómica local Gastromar

21 Agosto 2025

A Cooperativa Santa Uxía (Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia) entregará gratuitamente 250 quilos de Lirio de Ribeira e 250 quilos de sardiña a Gastromar, feira gastronómica que se celebrará na praza de España de Ribeira entre os días 22 e 24 de agosto, organizada por cuarto ano pola Asociación de Empresarios de Ribeira. Trátase de peixe procedente dos seus barcos asociados, repartidos a partes iguais entre Lirio de Ribeira e sardiña. O obxectivo da sociedade cooperativa é apoiar o labor da AER a través de Gastromar e, nun sentido máis amplo, “reivindicar e fomentar o consumo de peixe entre a poboación, dar visibilidade ao traballo da frota local e poñer en valor a calidade e os beneficios nutricionais do Lirio de Ribeira e a sardiña: produtos frescos, sustentábeis e capturados en augas galegas”.

A OPP83 estará presente no acto inaugural da feira coa participación do seu presidente Juan A. Pérez Vidal, a súa xerente María José Casais Boo e Pablo Pérez Martínez, membro do Consello Reitor. Durante o evento tamén ofrecerá información sobre a entidade, a súa actividade pesqueira e os produtos que comercializa; e colaborará nas demostracións gastronómicas (showcookings) programadas, nos que se elaborarán receitas con peixe da Cooperativa.

Segundo informou a entidade, o chef de Eventos Chicolino, Javier Fernández, “deseñou para a feira gastronómica ribeirense unha selección de novas e deliciosas elaboracións que combinan tradición mariñeira e cociña contemporánea”. Entre elas destacan o bao de Lirio de Ribeira sobre cama salteada de repolo picante; fish&chips de Lirio de Ribeira con salsa de mostaza e mel de eucalipto e cremoso de chícharo galego ao pesto suave; coca de recapte con sardiña e wakame; e máis espetada de patatín asado ás finas herbas e sardiña afumada. Ademais, como novidade, tamén se poderá gozar dunha saborosa hamburguesa de Lirio de Ribeira, pensada para conquistar aos máis pequenos da casa.

Gastromar levarase a cabo entre os días 22 e 24 de agosto na praza de España de Ribeira en horario de 13.00h a 15.30h e de 20.00h a 22.30h. A participación da OPP83 forma parte das actividades promocionais desenvolvidas pola entidade no marco do seu Plan de Produción e Comercialización para 2025, co-financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.