A igrexa parroquial de Camboño (Lousame) acollerá este mércores 6 de agosto, ás 20:30 horas, o acto de entrega do nomeamento como fillos adoptivos do Concello de Lousame aos artistas Alfonso Costa Beiro e José Luís Veiras Manteiga. A asistencia é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo da igrexa (160 persoas, aprox).
Alfonso Costa e José Luís Veiras recibirán as súas distincións de mans da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, en representación da corporación municipal. O director do Museo de Artes do Gravado de Ribeira, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, será o encargado de facer a laudatio de ambos os dous artistas.




