“A culpa sempre é dos demais” – José Manuel Pena

28 Agosto 2025

Cando paras a pensar, deixando o móbil, a tableta, o computador ou a televisión, resulta difícil aceptar a crúa realidade e é doado descargar todos os problemas e ansiedades entre os políticos e os nosos gobernantes. Preferimos culpabilizar aos demais do que nós facemos ou consentimos co noso silencio cómplice.

A política simplemente é un reflexo da sociedade real. Non son unicamente algúns políticos corruptos, puteros, estafadores, miserables, carnazais, ególatras, usureiros, non só son os políticos e gobernantes, senón tamén os hai en moitos de cada un de nós, nos nosos aspectos e facetas persoais e profesionais, como pais de familia, traballadores, empresarios, xestores, promotores, armadores, militares, forzas de seguridade.

Non podemos estrañarnos de nada xa que, cada un de nós, vemos cada día casos de todas esas situacións inxustas que tanto criticamos pero que logo aplaudimos cando, directa ou indirectamente, benefícianos a nós ou aos nosos, como os chamamos. A culpa sempre é dos demais, para nós a mafia dos usos e costumes así como das tradicións nos manteñen a salvo de considerarnos culpables.

Alcemos a voz cando vexamos un abuso laboral, dun empresario cara a un traballador; cando saibamos de casos sobre violencia de xénero; denunciemos cando saibamos de casos de corrupción; denunciemos a usura e a especulación inmobiliaria; denunciemos as cláusulas e as comisións bancarias bancarias; denunciemos os abusos de autoridade; denunciemos todo o que consideramos inxusto.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.