A cidadanía de Padrón poderá mellorar a súa empregabilidade con formación tecnolóxica

27 Agosto 2025

O Concello de Padrón vai comezar o curso cunha nova actividade formativa de balde dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego en Emprego Galicia. Será un programa centrado en fortalecer a empregabilidade das persoas asistentes con competencias dixitais.

A formación contará con tres niveis (básico, intermedio e avanzado) e permitirá adquirir coñecementos clave en busca e xestión da información dixital, creación de contidos, comunicación en liña, resolución de problemas e seguridade na rede.

Cada persoa participante obterá un título oficial acreditativo e unha vez superada a formación, recibirá ademais un computador portátil de agasallo.

A primeira xuntanza informativa será o 1 de setembro ás 10.30 horas na Aula CeMIT (rúa Mollet del Vallés 4-6, Padrón).

O curso de nivel avanzado desenvolverase do 15 de setembro ao 26 de novembro en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Máis información e inscricións na web Dixigalizate.es e no teléfono 604 039 575.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.