A axenda de Boiro comeza a semana con circo e cinema para a rapazada

11 Agosto 2025

Boiro vai acoller esta semana dúas citas culturais para a rapazada.

O martes 12 de agosto, a partir das 21.00 horas, celebrarase unha cita co circo e coas disciplinas do clown urbano diante da Casa da Cultura, na avenida da Constitución. Será unha sesión para público infantil e familiar.

Ao día seguinte, mércores 13, proxectarase en Agramuíña (Escarabote) a partir das 22.00 horas o filme Salta!, tamén para público infantil e familiar. Salta! é un filme galego de Olga Osorio que nos conta a historia de Óscar e Teo (13 e 10 anos), dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. É o verán de 1989. Teo é futboleiro e un pouco traste, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lida á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buracos de verme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.