
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) únese como entidade colaboradora ao Boviño Wine Fest, un festival que se celebrará entre o 7 e o 10 de agosto co obxectivo de poñer en valor os viños galegos con indicación xeográfica protexida, a gastronomía local e o territorio, destacando especialmente a IXP Barbanza-Iria.
Como parte desta colaboración, a patronal estará presente na xornada inaugural do festival, o xoves 7 de agosto na cetárea Angelmar, en Boiro. Durante o evento, que incluirá unha visita teatralizada a cargo dos actores Víctor Mosqueira e Josito Porto, e unha degustación de mariscos maridados con viños da zona, a ABE sorteará entre os asistentes un bono de compra de 50 euros, que se poderá trocar en establecementos asociados.
Ademais, cada persoa participante recibirá como agasallo unha bolsa de tea #somosboiro, xunto cunha participación para o sorteo, como recordo desta experiencia que mestura cultura, territorio e produto local.
Con esta acción, a ABE busca “apoiar eventos que contribúan a proxectar a riqueza do noso territorio e, ao mesmo tempo, reforzar o compromiso co comercio local, ofrecendo aos asistentes unha motivación extra para descubrir o potencial das empresas de proximidade”.
O Boviño Wine Fest contará tamén con actividades en A Pobra do Caramiñal e no Pazo de Goiáns, con propostas como catas musicais, rutas botánicas, túneles do viño con máis de 50 referencias, degustacións e espazos dedicados á enoloxía e á gastronomía artesanal.
Desde a ABE animamos a toda a veciñanza e visitantes “a participar nun festival que combina calidade, innovación e identidade local, brindando unha experiencia única que pon en valor o mellor do Barbanza”.



