
Este verán foi Corrubedo punto de encontro. As candorcas, que se achegan cada vez má¡s á costa, fixeron unha vez máis acto de presencia, desta vez na costa de Corrubedo. Con menos interaccións e un primeiro encontro entre unha embarcación e es cetáceos desde o ano 2020-
Esa primeira interacción entre unha delas e un barco na zona de Corrubedo aconteceu, segundo rexistrou GT Orca Atlántjca cun comportamento pouco usual destes animais nos últimos anos máis difícil de predicir este 2025. Constátase que o número de interaccións desde xaneiro a xuño van a menos -entre un 50 e un 60% a respecto de anos anteriores o seu comportamento segue a ser fóra do normal. segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). cuxos expertos apuntan a que as candorcas poderían se estaren desprazando cara ao Golfo de Biscaia cunha rapidez maior á habitual. Eis o motivo polo que os expertos avisan do pouco doado que resulta predicir que ocorrerá, porque na práctica, cada ano é diferente.
No ano 2020 as candorcas comezaron a achegarse máis á costa, posiblemente nun comportamento natural da especie: conseguir os atúns, ,as súas presas favoritas.
Son centenares as persoas que, desde a costa, seguen as evolucións -moitas veces acrobáticas- destes fermosos animais mariños.
…


