“Unha cea, unha proposta e un inasumible candidato”. Antón Luaces

09 Xullo 2025

O xuíz da Audiencia Nacional Antonio Piña deu orde de abrir dilixencias previas pola querela presentada contra o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu e outros altos mandos militares dese país, para responderen da abordaxe do barco Madleen, integrante da coñecida como “Frotiña da Liberdade”, rexistrada o pasado 9 de xuño en augas internacionais cando o buque se dirixía a Gaza con axuda humanitaria. A Audiencia  abre unha investigación penal por crimes de guerra e de lesa humanidade contra o primeiro ministro israelí, o seu ministro de Exteriores e outros membros do exército.

O xulgado Central de Instrución número 6 da devandita Audiencia Nacional coida que os feitos denunciados revisten carácter delictivo, motivo polo que ordena incoar dilixencias para a súa jnvestigación.

A querela foi presentada por Sergio Toribio – único tripulante español a bordo do Madleen – e o Comité de Solidariedade coa Causa Árabe e cadra no tempo coa segunda visita que o primeiro ministro israelí realiza en menos de 24 horas ao presidente estadounidense Donald Trump, quen agasallou cunha cea ao mandatario israelí e recibiu a confirmación de Netanyahu de que o propuxera para recibir o Nobel da Paz, premio que xa lle fora outorgado tamén ao Secretario de Estado norteamericano Henri Kissinger en 1973.

A proposta do primeiro ministro israelí -que se espera non  sexa aceptada- causou unha enorme sorpresa en todo o mundo. Máxime tendo en conta a negativa resposta mundial ao Nobel da Paz concedido a Kissinger. E agora, cunha figura tan polémica como a de Trump para a mesma distinción e a proposta de quen está considerado coma un xenocida a resposta non podía ser, supostamente, outra. 

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...