“Un mal entendido ou gañas de liar o aparello?”. Antón Luaces

27 Xullo 2025

Levaba certo tempo sen se ter producido un desencontro entre profesionais do mar de España e Francia, e esta circunstancia ven de ter como protagonistas dous arrastreiros peláxicos galos e as autoridades de Salvamento Marítimo a conta dun desencontro pola negativa de atención -así entenden os franceses o acontecido- polas autoridades de Salvamento a un caso de necesidade de acceder os citados arrastreiros ao porto xixonés con condicións de mar pouco favorables para os pesqueiros galos.

O acontecido tivo lugar o pasado 20 deste mes  ao colicitar as embarcacións galas La Turballe e Le Guilviuec permiso para accederen a doce millas da costa española na percura de refuxio polas malas condicións meteorolóxicas reinantes ese día, con moto vento e forte ondada.

Os representantes do sector pesqueiro francés piden que as autoridades españolas contas polo que cualifican de “ataque” ao dereito marítimo, xa que logo entenden coma tal un “ataque inaceptable” a ese dereito e ás relacións entre as frotas francesa e española.

O Comité Nacional de Pesca Marítima e Cultivos Mariños, entidade que representa e defende aos franceses ante as autoridades públicas nacionais e comunitarias (CNPMEM, polas súas siglas en francés) solicitará ás súas máximas autoridades que esixan explicacións e mesmo desculpas por este incidente que califivan de “ataque inaceptable ao dereito marítimo e as relacións entre as frotas de ambos os países. nu “incomprensible e inaceptable incidente”.

Segundo explica a CNPMEM, pedíu permiso para accederen os barcos galos ao porto xixonés mediante a solicitude formulada pola CROSS Atlantique -entidade equivalente en Francia ao Salvamento Marítimo Español, que denegou o acceso aos dous arrastreiros peláxicos de pavillón francés.

Para o Comité Nacional de Pesca Marítima e Cultivo Mariño, a decisión do porto xixonés resulta inaceptable e profundamente contraria ao dereito marítimo , que sitúa a seguridade dos mariñeiros e do barcos por riba de todo.

Para o organismo francés é unha negativa contraria ás regras de convivencia e despraza a “boa qcollida” ás de convjvencia de todos os profesionais franceses cos barcos españois desde vai tres anos, facilitándolles zonas de pesca, portos de desembarque e servizos en terra, motivos polos que piden contas ás autoridades estatais para que se clarexe o incidente.

Por parte española non se recoñece tal denegación de atraque, fondeo ou asistenza aos arrastreiros franceses, e a propia Dirección Xeral da Mariña Mercante explica que , a instancias da Capitanía Marítima de Xixón, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo se lles indicou que tiñan que contratar unha empresa consignataria para poderen acceder aos peiraos xixoneses, razón pola que se lles facilitou unha listaxe de aquelas coas que podian contratar, nun trámite sinxelo que non realizaron, cousa que non fixeron e motivo polo que  non puideron levar a cabo a obriga que, obviamente, se lles prestarìa.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.