Un grupo de mozas e mozos de Rois visita Xeorxia no marco dun intercambio cultural

17 Xullo 2025

Unha decena de mozas e mozos de Rois viaxaron neste mes de xullo a Xeorxia para participar nun encontro xuvenil que lles permitiu integrarse na vida dese país durante unha semana e descubrir a súa cultura, a súa historia, os seus costumes e a súa gastronomía, ademais de facer múltiples visitas. O encontro, que se desenvolveu entre o 8 e o 15 de xullo, enmárcase nos intercambios internacionais que promove o Concello de Rois.

A mocidade roisense puido compartir a experiencia con outra rapazada de Tordoia, A Laracha, Murcia e Portugal, e tiveron como anfitrións ao longo da súa estadía un grupo de mozas e mozos xeorxianos.

Dende a capital do país, Tiflis, os 60 participantes no intercambio realizaron diversas actividades e excursións.

A comitiva de Rois, da que tamén formaban parte os concelleiros Victoria Quiroga e José Luis Ares ademais da técnica municipal Inma Seage, puido coñecer a antiga capital do país, Miskheta; as covas de Uplistsikhe; ou o museo e a casa de Stalin en Gorin. Viaxou así mesmo ás localidades de Kazbegi e de Gergeti, dous destinos do norte do país coñecidos polas súas paisaxes montañosas e a icónica igrexa da Trindade, situada a 2.170 metros sobre o nivel do mar co monte Kazbek como pano de fondo.

Durante a estadía tamén houbo tempo para realizar diferentes actividades como un descenso en rafting polo río Aragvi, unha sesión de baños sulfúricos en Tiflis ou un paseo nocturno en barca polo río que atravesa a capital.

No concello de Tiflis, o grupo foi recibido por representantes municipais, que intercambiaron palabras e agasallos cos seus homólogos de Rois. A delegación roisense conversou tamén o último día co encargado de Negocios da Embaixada de España en Xeorxia, Marcos Granados Gómez, que asistiu á cea de despedida e agradeceu a visita a este país.

O Concello de Rois quere agradecer o enorme esforzo realizado polo Centro de Cultura e Lingua Española Carmen de Xeorxia, e noamedamente a súa directora Natia e ao seu colaborador Gio, polo enorme esforzo que realizou para organizar este intercambio xuvenil.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...