Tres cazadores enfróntanse a 15 anos de cárcere e 28.000 euros de indemnización por unha agresión en Boiro

09 Xullo 2025

Tres cazadores sentaranse os días 10 e 11 deste mes no banco dos acusados da sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña para responder pola agresión a outro home ocorrida no ano 2017. A Fiscalía solicita para cada un deles penas de cinco anos de prisión, así como unha indemnización conxunta de 28.000 euros para a vítima polos danos físicos e morais sufridos.

Os feitos remóntanse ao 22 de outubro de 2017, cando os acusados, segundo o escrito fiscal, golpearon de maneira reiterada un veciño de Cespón, na parroquia boirense, despois de que este lles recriminase que non podían cazar na zona ao haber vivendas próximas, a uns 70 metros.

O Ministerio Fiscal relata que, tras unha discusión inicial, os cazadores actuaron con evidente desprezo pola integridade física da vítima, atacándoo “de forma violenta e con intención de causar prexuízos”.

Como consecuencia da agresión, o home sufriu lesións graves, incluíndo unha fractura no omóplato esquerdo, que precisou tratamento cirúrxico e deixoulle secuelas permanentes, como limitación de mobilidade e dores crónicas.

A Fiscalía subliña a especial agresividade e intensidade da acción, polo que cualifica os feitos como delito de lesións con deformidade, pedindo a súa entrada en prisión e o pago dunha compensación económica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.