A semana comezará este luns 7, San Fermín, na comarca cunha mellora gradual das condicións meteorolóxicas, despois do paso dunha fronte pouco activa que aínda deixará ceos moi nubrado durante a mañá, sobre todo nas primeiras horas.
Nas comarcas das Rías Baixas as nubes irán esvaecéndose progresivamente, dando paso a unha tarde con ceos moi despexados e atmosfera limpa, ideal para desfrutar do exterior.
As temperaturas mínimas manteranse estables, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, o que permitirá unha xornada agradable, sen calor abafante. A atención estará posta nos ventos do nordés, que irán gañando intensidade ao longo do día, con refachos fortes esperados ao final da tarde, especialmente nas zonas costeiras e expostas ao mar aberto.

O noso mar: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 5 a 7 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.