Galicia vivirá este sábado unha xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica, baixo a influencia dun centro de baixas presións situado ao norte da península Ibérica. Unha fronte fría irá achegándose nas últimas horas do día, provocará un aumento da nubosidade e a chegada de chuvias que se xeneralizarán durante a noite.
As nubes serán máis compactas nas zonas da comarca e do oeste, mentres que no interior poderán abrirse claros. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, pero as máximas tenderán a descender, situándose en valores baixos para esta época do ano(21-23 graos). Os ventos soprarán do suroeste e irán gañando intensidade ao longo da tarde.
O domingo teremos ceos alternando as nubes cos claros con chuvascos dispersos máis probables pola mañá e na metade oeste, con tendencia a ir remitindo ó longo do día.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1 metros á tarde.



