Ribeira celebra o 9 de agosto a cuarta edición de Xiradiscos cun Mercadiño Cultural, música en directo e presentación literaria

29 Xullo 2025

A Porta do Sol de Ribeira converterase o vindeiro sábado 9 de agosto nun espazo de celebración da cultura alternativa coa cuarta edición de Xiradiscos, un evento que medra e se redefine este ano como Mercadiño Cultural. A cita foi presentada hoxe pola concelleira de Cultura, Antía Alberte, e a tesoureira da Asociación Xiradiscos, Nati Mirás.

C.R.

A feira, que botará a andar ás 11:00 h, combinará arte, música, literatura e artesanía nunha xornada cargada de contido cultural e creatividade local. Máis de 13 postos de artistas e artesáns da comarca do Barbanza ofrecerán produtos feitos a man, vinilos, fanzines, ilustracións, deseño gráfico e pezas elaboradas con materiais reciclados, convertendo a rúa nun escaparate da cultura independente.

Un dos momentos destacados será a presentación do libro “Una historia del arte muy rápida” da artista palmeirana Carla Serrano, quen acadou notoriedade nas redes sociais polos seus vídeos divulgativos sobre historia da arte.

A xornada estará amenizada por música en directo dende a sesión vermú até ben entrada a noite. O programa inclúe:

  • 13:00 h: Nan Îllonia (antes Chamaquito Pistolas), con sons enérxicos e eclécticos.
  • 14:00 h: Pablo Leira, cantautor cun estilo americana.
  • 22:30 h: concertos de Tesouro (power pop) e Superfuzz (rock & roll).
  • 00:30 h: peche de festa con Nell, que mesturará música para bailar e finalizará cunha sesión de música lenta.

Durante a presentación, Nati Mirás salientou o orgullo de seguir adiante con esta proposta “que aposta firmemente pola cultura alternativa e independente” e agradeceu a colaboración do Concello de Ribeira e das empresas que apoian o evento. Tamén anunciou unha novidade ilusionante: a futura apertura dunha tenda de discos de vinilo en Ribeira, impulsada polo selo local Radix Records.

A concelleira Antía Alberte destacou que Xiradiscos “é un proxecto que enriquece a oferta cultural de Ribeira e promove o talento da comarca”. Ambas representantes animaron á veciñanza e visitantes a achegarse á Porta do Sol e participar nun evento “feito con moito cariño” e coa cultura como eixo vertebrador.


Máis información:
Lugar: Porta do Sol, Ribeira
Data: Sábado, 9 de agosto
Horario: Desde as 11:00 h ata a madrugada
Entrada libre

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.