Ribeira acomete unha profunda renovación na súa sinalización municipal

13 Xullo 2025

O Concello de Ribeira dá un paso firme cara á modernización e mellora da súa sinalética urbana coa execución do Plan Integral de Sinalización, tras a realización dun estudo previo adxudicado en outubro pasado.

O estudo identificou 154 sinais con necesidade de intervención, das cales un 70% son sinais illadas e a meirande parte concentranse na parroquia de Ribeira. Detectáronse múltiples problemas: sinais deterioradas, formatos diversos que xeran confusión, redundancias e falta de mantemento, especialmente nas comerciais. Destácase a situación da oficina de turismo, que presenta deficiencias de visibilidade e acceso, o que levou á proposta de melloras na súa sinalización.

Como parte da solución, apostarase polo reciclado de materiais, reparación e vinilado de sinais en bo estado e a creación de soportes tipo tótem que agrupen a información e reduzan o impacto visual. Todo será adaptado ao Manual de Sinalización de Galicia, buscando unificar estilos e terminoloxías. A empresa Benito Urban S.L. executará o proxecto cun orzamento de 106.424,70 €, financiado polo Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira dentro do Plan de Recuperación da UE Next Generation. O prazo de execución será de 4 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.