“Repensar a celebración do Día da Patria” – Xosé González Martínez

21 Xullo 2025

A celebración do Día da Patria Galega foi concibida como unha data para reflexionar sobre a reconstrución da identidade galega. Con ese obxectivo institucionalizaronse os mitins das arengas na praza da Quintana nos anos da II República. Os oradores reflexionaban en alta voz posibles iniciativas transformadoras valéndose da pedagoxía, unha ferramenta imprescindible para educar as mentalidades dos asistentes a tales actos.

Agora, en data tan sinalada as expresión da leguidade nos actos convocados son así: dentro da catedral, na ofrenda ao Apóstolo, onde sempre o delegado rexo, un político, le un texto solicitándolle ao santo a intercesión para resolver problemas políticos e sociais que só lles corresponde ás institución públicas realizar; e, fóra, na praza da Quintana, os discursos que se pronuncian son para emendárllela plana ás institucións da Xunta de Galicia. Dúas maneiras distintas de celebralos que dan que pensar.

Ao fío deste dous estilos de celebracións véñenme ao maxín moitas anécdotas reveladoras que evidencian que estas liturxias carecen da eficacia necesaria para alentar a galeguización da poboación. No Día da Patria estes ritos realízanse para consumo interno das organizacións e institucións convocantes.

Lembro ter asistido a moitos actos de presentación de obras literarias, onde o editor, o autor da obra e a persoa encargada de facer a louva, exaltaban os valores do libro, ao tempo que lles recomendaban aos asistentes que as mercasen. En moitos destes actos as empresas editoras convidaban aos presentes a uns petiscos e un viño para seguiren mollando a palabra. A contradición era evidente: os envases dos viños estaban etiquetados en castelán. Tan canso estaba de presenciar este esperpento que unha das veces sinaleilles aos organizadores que non podían seguir cometendo tamaña torpeza. Se o libro estaba editado en lingua galega, as etiquetas dos viños tamén. Un dos editores, molesto, reprochoume que fose tan esixente, porque estaba a sacar as cousas de quicio. Estaba claro que aquel señor desentendíanse das alianzas estratéxicas.

Produce decepción e mesmo rexeitamento a conduta daquelas persoas que despois desempeñaren un cargo público, cando volven ao exercicio da súa profesión desbotan práctica do uso da lingua galega. A actual Valedora do Pobo, maxistrada excedente, por exemplo, cando volva á xudicatura ditará resolucións en lingua galega? Xa se verá. Teño as miñas dúbida fundada nos exemplos precedentes.

Os que asisten ás dúas celebracións do Día da Patria Galega, non son tan afoutos galeguistas/nacionalistas nas relacións sociais.Máis ben relaxan os ímpetus ritualizados e son incoherentes tanto en canto cidadáns e consumidores. Non practican o consumo responsable establecendo criterios de discriminación positiva para favoreceren a empresas comerciais que utilizan a lingua galega. Non facelo así, optando por marcas que marxinan a lingua galega das súas etiquetas é impedir que se galeguice a economía.

A estes galegos eu diríalles que reparen na historia do país e comproben como houbo empresarios que foron galeguistas, facendo publicidade en lingua galega, como foi o caso do “Almanaque Agrícola ZZ” editado polos Laboratorios Zeltia, en tempos difíciles, en 1952; como un científico da medicina oftalmolóxica, tal é o caso de Antón Beiras, descubridor da forma de corrixir o estrabismo no mundo, foi quen de pubicar o resultado do seu traballo en lingua galega en 1957. Ese mesmo ano, outro médico galego, Xoán Rof Carballo, autoridade na materia da medicina sicosomática, publicou o seu ensaio no noso idioma, “Mito e realidade da Terra Nai”. En 1931 o estudante de Dereito, Fermin Bouza Brey realizou o primeiro exáme académico en lingua galego na historia da USC. O exemplo de moitos empresarios galeguizando os seus negocios e marcas, son actitudes para a reflexión nesta data.

Hai que pasar dos discursos retóricos aos que son transformadores. Só así poderemos converter a cada cidadán, cargo público ou militante político nun activo dinamizador da galeguización. Os ritos sen intencións transformadoras son representacións teatrais que nada aportan ao obxectivo de galeguizar Galicia.

*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.