ReNatur_Outes acaba coa presenza de mimosa e acacia negra no tramo urbano do río Tins ao seu paso pola Serra

01 Xullo 2025

Unha vintena de participantes botáronse (literalmente) ao río Tins este sábado 28 de xuño para continuar coa campaña de eliminación de especies invasoras arbóreas no treito urbano do río ao seu paso pola Serra de Outes, e xusto antes da súa desembocadura na ría. Desta volta, retiráronse varios pés de falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e o último dos exemplares de mimosa (Acacia dealbata) que ficaba na superficie do proxecto ReNatur_Outes.

En total toráronse e derramáronse unhas 3 toneladas, coa particularidade de que boa parte dos traballos se tiveron que realizar dentro do río. A pesar da dificultade engadida, o traballo no curso fluvial axudou a sobrelevar os efectos da onda de calor. Participaron na acción 12 voluntarias adultas e 6 crianzas da Casa de acollida da Asociación Dignidad Galicia, que se achegaron desde A Coruña para colaborar e coñecer o proxecto ReNatur_Outes. Na xornada realizáronse tamén traballos de control das matas de bambú e crocosmia.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.