Prisión provisional por homicidio para o irmán do falecido na pelexa de Ribeira

05 Xullo 2025

A Policía prevé novas detencións tras a pelexa entre os cláns Borja e Montoya en Ribeira

A tensión entre os cláns Borja e Montoya en Ribeira continúa a escalar tras os violentos enfrontamentos rexistrados esta semana. A Policía Nacional confirmou que haberá novas detencións nas vindeiras horas ou días en relación aos feitos, que xa se saldaron con cinco arrestados, un deles enviado a prisión provisional acusado de homicidio en grao de tentativa, atentado contra a autoridade e lesións con obxecto perigoso.

Os feitos comezaron cunha pelexa entre membros das dúas familias na zona de Bandourrío, un conflito que rapidamente derivou en agresións físicas e na intervención policial. Segundo fontes da investigación, a disputa estaría relacionada con vellas rivalidades familiares e posibles axustes de contas, agravados pola presenza de obxectos contundentes durante o enfrontamento.

TVG

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira decretou prisión para un dos implicados, mentres que os outros catro quedaron en liberdade con cargos. A previsión é que as dilixencias continúen coa identificación doutros participantes nos feitos, especialmente tras analizar as imaxes captadas por cámaras de seguridade e vídeos gravados por testemuñas.

Durante a xornada do venres, dous patriarcas da familia da vítima mortal acudiron a Ribeira en calidade de mediadores, para tratar de evitar un rebrote da violencia entre ambos cláns. A súa presenza foi interpretada como un xesto para promover a calma, aínda que a Policía mantén un despregamento especial e non descarta novos episodios de tensión.

Por outra banda, a Confederación Española de Policía (CEP) en Galicia quixo destacar a actuación tanto da Policía Local de Ribeira como da Garda Civil, calificando o seu traballo de “impecable” ao conter e desactivar unha situación de risco extremo para os axentes e a cidadanía.

A defensa dalgúns dos arrestados nega a súa participación directa nos feitos e advirte de que moitas das acusacións baseanse en versións non contrastadas, solicitando o visionado completo das imaxes recollidas.

O ambiente segue a ser tenso en Ribeira, e as autoridades chaman á prudencia mentres continúan as investigacións. A posibilidade de novos choques entre os grupos implicados mantén á cidade en alerta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.